Sobre “Advento” de Manuel María e a súa publicación en Bos Aires

Hai unha carta dirixida a Luís Seoane- e  recollida no epistolario en liña do Consello da Cultura Galega– na que Francisco Fernández del Riego fálalle ao editor galego exiliado na Arxentina do envío dun libro inédito de Manuel María:

Carta de F. Fernández del Riego a Luís Seoane, do 24/XII/1950, informándolle do envío dun libriño inédito de Manuel María.

Carta de F. Fernández del Riego a Luís Seoane, do 24/XII/1950, informándolle do envío dun libriño inédito de Manuel María (Premer na imaxe para seguir a ligazón)

Previamente, e como menciona na devandita carta, xa houbera algunhas mencións sobre o poeta chairego no periódico La Noche, ao que accedemos desde Galiciana Dixital :

cultural

La Noche, año XXXI, número 9218, 16/12/1950 Fálase da dificultade de atopar os libros de Manuel María na cidade de Lugo. Premer na imaxe para vínculo orixinal.

 

O libro que editaría Luís Seoane en Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires  no ano 1954 sería Advento,  do que temos exemplar na BUSC:

Cuberta de “Advento”, con ilustración de Seoane. Prema na imaxe para acceder a referencia no catálogo da BUSC.

Cómpre destacar tamén a edición da obra que a Fundación Manuel María de Estudos Galegos fixo co gallo do 60 aniversario da publicación da obra:

 

Edición de "Advento" feita pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. Prema na imaxe para acceder a referencia no catálogo.

Edición de “Advento” feita pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. Prema na imaxe para acceder a referencia no catálogo.

 

 

O Consello da Cultura Galega ven de publicar unha edición dixital da obra que se pode descargar  desde a súa mediateca .  Contén correspondencia entre Manuel María e Luís Seoane, ten un limiar de Ramón Villares e o estudo e edición da obra está a cargo do poeta e amigo persoal de Manuel María Miguel Anxo Fernán-Vello.  Sinalado polo poeta e editor da obra como “fito da poesía galega cotemporánea” é, para moitos, unha das mellores obra de Manuel María.

A piques de rematar estas liñas, chega a BUSC o exemplar da devandita obra editada polo Consello en papel:

Exemplar n. 464 dunha tiraxe de 500 numerados de "Advento" de Manuel María editada polo Consello da Cultura Galega. Prema na imaxe para enlazar co catálogo da BUSC

Exemplar n. 464 dunha tiraxe de 500 numerados de “Advento” de Manuel María editada polo Consello da Cultura Galega. Prema na imaxe para enlazar co catálogo da BUSC

 

 

 

Advertisements