De cadernos, inéditos e debuxos : o volume Manuel María. Letras Galegas 2016 da USC

Ven de publicarse o libro Manuel María. Día das Letras Galegas 2016,  novo volume da serie que a USC , a través do seu  Servizo de Publicacións, mantén adicada cada ano aos homenaxeados no 17 de maio. Nesta ocasión, e coa inestimable colaboración da Fundación Manuel María de Estudos Galegos e a súa presidenta, Saleta Goi, trátase da edición facsimilar de tres cadernos atopados entre a inxente documentación custodiada na casa de Outeiro de Rei. A profesora Carmen Blanco explica na introdución o contido e os criterios escollidos para esta selección, que non segue unha orde cronolóxica senón de “entidade literaria”:

Neste sentido a publicación dos presentes orixinais dá a coñecer a un tempo a intimidade na que nace a verdadeira voz dos versos de Manuel María e o seu proceso de elaboración e composición, desde a escrita a man ou a máquina ata a creación da unidade autónoma do caderno asinado e datado coidadosamente que quere ser, e será, borrador e xerme dunha futura obra editada.

(Da Introdución: escoitar o calar das calandras, de Carmen Blanco)

 

Reproducimos aquí un dos poemas contidos no caderno  correspondente a Poemas da luz resucitada: o titulado A palabra

 

 

Palabra

Reprodución do orixinal de Poemas da luz resucitada, destacamos o poema A palabra. Prema na imaxe para acceder ao rexistro no catálogo.

 

O contido do volume que hoxe nos ocupa contén tres obras:o caderno manuscrito autógrafo Poemas da luz resucitada,  a Nenia por Aquilino Iglesia Alvariño– neste caso, mecanografiado-e, por último, nove debuxos.  Cómpre salientar que Poemas da luz resucitada é o xerme do libro A luz ressuscitada, publicado no ano 1984 por AGAL, adaptado- segundo nos lembra Carmen Blanco- a normativa lingüística da entidade editora.  A Nenia por Aquilino Iglesia Alvariño aparecera no 2001 no número 4 da revista  Xistral, prácticamente idéntica nesta publicación ao orixinal reproducido aquí. Por outra banda, chaman moito a atención o conxunto dos nove debuxos, deixamos aquí o titulado “O romántico”, do ano 1951.

 

 

romantico

Dibuxo orixinal de Manuel María titulado “O romántico”. Datado no ano 1951 é un dos nove dibuxos que, procedentes de diferentes épocas, ven a luz agora nesta edición á cargo da USC.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s