Manuel María en “Papeles de Son Armadans” (lembrando tamén o centenario de Cela)

Cando comezamos a escribir este post, pensabamos traballar sobre a inxente produción xornalística de Manuel María. Coma ben comenta o profesor Mato Fondo no seu “O traballo xornalístico de Manuel María: xornalismo e poesía” (incluído no volume Manuel María, Literatura e Nación), a “íntima relación entre os xéneros” é unha das características das colaboracións do poeta chairego na prensa, así coma ese “coidado exquisito da palabra (…), o fondo intimismo e a tensión nostálxica”.  Nada podemos engadir nós, ao xa dito e comentado polos filólogos, amigos e especialistas da longa e valiosa colaboración de Manuel María con diferentes medios xornalísticos. Os xornais, desde El Ideal Gallego co que comeza a súa colaboración na década dos 50, pasando por El Correo Gallego como A Nosa Terra poden atoparse na BUSC en diferentes formatos.

Pero hoxe, 11 de maio, queríamos tamén lembrar o centenario doutro escritor galego, que escribiu fundamentalmente en castelán e que, ata o momento, é o único escritor da terra en recibir o premio Nobel de Literatura. E facémolo acudindo ao estrictamente literario e, neste caso, bibliográfico. Como é ben sabido, Camilo José Cela dirixe, edita e publica entre os anos 1956-1979 a revista Papeles de Son Armadans., un piar fundamental da cultura española contemporánea, polo que supón de proxeción tanto a autores nacionais como extranxeiros. E Manuel María non foi unha excepción.

No ano 1958, Manuel María publica na revista  “Carta a Federico García Lorca”, un fermosísimo poema de loubanza ao autor granadino integrado nun número que homenaxea a xeración do 27, na que Cela tiña algúns amigos cercanos como Dámaso Alonso; aínda que o punto de partida do número especial era unha lembranza a Lorca e o que tería sido o seu  sesenta aniversario.

 

(Reproducimos do microfilm da revista Papeles de Son Armadans, T.11, n.32-33, p. 412-413)

Diríxese Manuel María a Lorca lembrando os seus Seis poemas galegos 

20160511_093229

E introduce, tamén, ao propio Camilo José Cela coma testemuña do mar mallorquín, do mesmo xeito que lle preguntaba antes ao granadino.

20160511_093234

 

Vaia desde aquí a nosa particular lembranza deste 11 de maio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s